miércoles, 21 de marzo de 2012

Para ser profesora hoxe

Ingredientes:
-Coñecemento.
-Planificación.
-Entusiasmo.
-Empatía.
-Respecto.
-Paciencia.
-Firmeza.
-Creatividade.

 O entusiasmo, a empatía,  o respecto, a paciencia e a creatividade deben ser abundantes e estar  moi ben preparados antes xa de iniciar o proceso de formar a unha boa profesora ou a un bo profesor. A continuación mesturamos os ingredientes anteriores cun coñecemento amplo do que se quere ensinar,  sen esquecer o que provén da curiosidade por afondar no medio que nos rodea. Para rematar necesítase unha boa planificación na que non poderán faltar as estratexias para trasmitir coñecemento e para conseguir no alumnado a motivación por aprender. Isto  non se consegue só con ilusión se non media a firmeza que proporcionará a  autodisciplina necesaria para acadar os obxectivos.
http://www.asesoresemocionales.com/educacion-emocional/
http://www.fundacionsaludinfantil.org/documentos/C041.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario