![]() |
| A boletÃn by Smilebox |
lunes, 14 de mayo de 2012
lunes, 7 de mayo de 2012
domingo, 6 de mayo de 2012
jueves, 26 de abril de 2012
martes, 10 de abril de 2012
domingo, 25 de marzo de 2012
Publica con nós
Novo
periódico
O Diario de sexto é o
novo periódico escrito polos alumnos/-as de sexto.
A idea xurdiu grazas a Marta, Sergio e José
no comedor. A profe aprobouna encantada dicindo que era unha boa idea e así o periódico empezou a funcionar.
Primeiro
repartimos as seccións. Nos Deportes,
Sergio e Carlos; no Horóscopo,
Priscila, Marta e Gala; nos Anuncios por
palabras, José Manuel e Miguel; no Tempo,
José Manuel e nos Pasatempos están
Juan e Pablo.
Na sección de Noticias fixemos varios apartados que tamén repartimos. Na biblioteca, Adrián
Troitiño e Vicky; no Patio, Alin; na
Clase e en Opinión, José e no Comedor,
Laura,Ainoa e Adrián Gonzaléz.
Esta é a estructura do noso xornal, espero que sexa de grande interese para ti e
para que nos fagas comentarios ou nos mandes as túas publicacións deixámosche este enderezo. sextobandeira@hotmail.com
José
miércoles, 21 de marzo de 2012
Para ser profesora hoxe
Ingredientes:-Coñecemento.
-Planificación.
-Entusiasmo.
-Empatía.
-Respecto.
-Paciencia.
-Firmeza.
-Creatividade.
O entusiasmo, a empatía, o respecto, a paciencia e a creatividade deben ser abundantes e estar moi ben preparados antes xa de iniciar o proceso de formar a unha boa profesora ou a un bo profesor. A continuación mesturamos os ingredientes anteriores cun coñecemento amplo do que se quere ensinar, sen esquecer o que provén da curiosidade por afondar no medio que nos rodea. Para rematar necesítase unha boa planificación na que non poderán faltar as estratexias para trasmitir coñecemento e para conseguir no alumnado a motivación por aprender. Isto non se consegue só con ilusión se non media a firmeza que proporcionará a autodisciplina necesaria para acadar os obxectivos.
http://www.asesoresemocionales.com/educacion-emocional/
http://www.fundacionsaludinfantil.org/documentos/C041.pdf
viernes, 9 de marzo de 2012
Diario de sexto
O alumnado de sexto está a facer un periódico mensual. Estamos traballando na primeira edición que esperamos ter lista para finais de marzo. Calquera outro alumno/-a do colexio que queira participar poderá facelo nas seccións de, "Cartas ao director" ou na de, "Anuncios por palabras". Para facernos chegar as cartas ou os anuncios que desexedes que publiquemos podedes envialos por correo electrónico ao enderezo, sextobandeira@hotmail.com ou ben deixalos no buzón que para este fin está a entrada da clase de sexto.
jueves, 8 de marzo de 2012
Día da muller traballadora
8 de marzo, día da muller traballadora.http://atartarugalectora.blogspot.com/2012/03/dia-da-muller-traballadora.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


