Novo
periódico
O Diario de sexto é o
novo periódico escrito polos alumnos/-as de sexto.
A idea xurdiu grazas a Marta, Sergio e José
no comedor. A profe aprobouna encantada dicindo que era unha boa idea e así o periódico empezou a funcionar.
Primeiro
repartimos as seccións. Nos Deportes,
Sergio e Carlos; no Horóscopo,
Priscila, Marta e Gala; nos Anuncios por
palabras, José Manuel e Miguel; no Tempo,
José Manuel e nos Pasatempos están
Juan e Pablo.
Na sección de Noticias fixemos varios apartados que tamén repartimos. Na biblioteca, Adrián
Troitiño e Vicky; no Patio, Alin; na
Clase e en Opinión, José e no Comedor,
Laura,Ainoa e Adrián Gonzaléz.
Esta é a estructura do noso xornal, espero que sexa de grande interese para ti e
para que nos fagas comentarios ou nos mandes as túas publicacións deixámosche este enderezo. sextobandeira@hotmail.com
José
No hay comentarios:
Publicar un comentario